“Multilingüismo e prácticas terminolóxicas”
Québec
Présentation
Dende a súa creación, a rede REALITER (Rede panlatina de terminoloxía) inclúe na súa misión a vontade de contribuír, mediante os seus traballos, ao desenvolvemento harmonizado da terminoloxía nas linguas neolatinas. Este obxectivo encádrase nunha preocupación máis ampla ,como é o apoio á diversidade lingüística e a promoción do multilingüismo nun universo marcado pola crecente globalización dos intercambios económicos, científicos, tecnolóxicos, comerciais e culturais. Esta perspectiva de apoio á práctica do multilingüismo implica para a terminoloxía unha evolución do seu papel tanto como disciplina científica como parte integrante das políticas lingüísticas. Tras varios anos dedicados pola rede á elaboración e difusión de léxicos e vocabularios multilingües (panlatinos), coidamos oportuno convocar unha xornada de estudo sobre as relacións entre o multilingüismo e as prácticas terminolóxicas. Esta xornada científica, organizada polo Office québécois de la langue française, en colaboración co Centre interdisciplinaire de recherches sur les activités langagières da Universidade Laval (CIRAL), tivo lugar en Quebec o 1 de xuño de 2011 na Universidade Laval. Recibimos máis de 30 proposicións de comunicacións, pero dado que non se dispoñía máis que dunha única xornada para esta manifestación científica, houbo desgraciadamente que seleccionar unha parte.
As comunicacións versaron sobre os seguintes temas :
- O lugar da terminoloxía nas políticas lingüísticas e na promoción da diversidade lingüística ;
- As esixencias do multilingüismo sobre os métodos e as prácticas da terminoloxía ;
- A xestión, a diffusión e a implantación de recursos terminolóxicos multilingües.
Comité científico
- Louis-Jean Rousseau, Office québécois de la langue française, président du comité ;
- Teresa Cabré, Universitat Pompeu Fabra, Barcelona ;
- Loïc Depecker, Université de Paris III ;
- Ieda Maria Alves, Universidade de São Paulo ;
- Maria Teresa Zanola, Università Cattolica del Sacro Cuore, Milano ;
- Manuel Nuñez Singala, Universidad de Santiago de Compostela ;
- Joaquín García Palacios, Universidad de Salamanca ;
- Corina Lascu-Cilianu, Academia de Studii Economice din Bucureşti ;
- Maria Pozzi, Colegio de México.
Comunicacións